Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40
Discusión dirixida Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ó dos seus compañeiros. 20
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 30
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: 1) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e 2) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que a) prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula b) semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor.Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións.


Ó inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará ós alumnos un pequeno exercicio, similar ós propostos para;realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ó rematar o cuadrimestre. 


En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:Cualificación de non presentado, corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Condicións de realización do exame final: está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.