Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. A9
A13
A19
A26
B3
B11
B20
B24
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. A1
A9
A13
B11
B20
B24
C4
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. A1
A19
A26
B20
C6
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro. A8
A12
A21
A32
B5
B16
B20
B24
C4
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. A1
A9
A12
A21
A26
B3
B5
B11
B16
B24
C6
C8
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. A1
A8
A9
A12
A13
A19
A21
A26
A32
B3
B5
B11
B16
B20
B24
C4
C6
C8