Metodologías Descripción Calificación
Trabajos tutelados Traballo en grupo e presentación oral do mesmo. A tarefa poderá consistir na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. 50
Prueba de ensayo/desarrollo Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. 50
 
Observaciones evaluación

A avaliación dos temas 1 e 2 realizarase mediante un traballo en grupo e a presentación oral do mesmo. O grupo estará constituído por un máximo de cinco persoas, e o prazo de entrega dos traballos rematará o día de exame estabelecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Á súa vez, a avaliación do tema 3 farase mediante unha proba escrita.

Tanto o traballo como a proba escrita cualificaranse sobre un máximo de 5 puntos e, para que se poida realizar a suma da nota final, cada cualificación terá que ser igual ou superior a 2 puntos. Se a nota final é igual ou superior a 5 puntos a materia estará aprobada e, no caso contrario, suspensa.

O alumnado que concorra á oportunidade de xullo estará obrigado a examinarse da parte ou partes suspensas, é dicir, aquelas nas que na oportunidade de xaneiro obtivera unha cualificación inferior a 2,50 puntos. De todas as maneiras, este alumnado poderá repetir a parte aprobada en xaneiro, caso no que a cualificación de xullo será a única válida para a suma da nota final.