Descrición xeral |
O coñecemento do Medio Social e Cultural está directamente relacionado coas Ciencias Sociais. Os fundamentos conceptuais e procedementais destas forman a bagaxe necesaria na formación das mestras e dos mestres para a transferencia didáctica ao alumnado de Infantil.
A materia está fundamentada sobre da base de que para coñecer e comprender o contorno sociocultural é necesario o recoñecemento da curiosidade como motor do coñecemento, a formación dunha mente crítica e de compromiso, e a valoración da creatividade, da imaxinación e da sensibilidade.
Contémplanse os presupostos teóricos e as experiencias realizadas na Educación Infantil, para a comprensión dos conceptos, metodoloxías, recursos e liñas de acción didáctica. A materia desenvólvese nestes parámetros e na súa programación cobran especial importancia o traballo activo do alumnado para coñecer, experimentar, deseñar e aplicar a metodoloxía para a didáctica do medio social e cultural.
|