Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Educación inclusiva e multicultural | Código | 652G02016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. A DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NAS SOCIEDADES CONTEMPORÁNEAS E A SÚA RELEVANCIA PARA A EDUCACIÓN EN PRIMARIA | 1.1. Manifestacións da diversidade cultural e funcional, e o seu papel nos estados democráticos e os seus sistemas educativos. Algúns conceptos relativos ás ideas ¡nclusivas e exclusivas desde parámetros históricos, sociolóxicos, económicos, antropolóxicos, políticos, filosóficos, lingüísticos, relixiosos, mediáticos e pedagóxicos. 1.2. O papel da Educación Primaria na configuración de valores a prol da liberdade, das convivencias equitativas, e do rexeitamento das discriminacións e das prácticas inxustas. 1.3. Algúns conceptos centrais a debate: globalización, diversidade cultural (lingüística, relixiosa, étnica, etc.), diversidade funcional (dis/capacidades), empoderamento, multiculturalidade/multiculturalismo, nacionalismo, interculturalidade/interculturalismo, pluralidade/pluralismo, bi/multilingüismo, cosmopolitanismo, convivencia, democracia, igualdade, equidade, liberdade, xustiza social, dereitos (humanos, civís, etc.), identidade, recoñecemento, inclusión, representación, participación, integración, reparto de bens, poder social relativo. 1.4. Dinámicas que ameazan a xustiza intercultural e a convivencia equitativa nas sociedades multiculturais: prexuizos, estereotipos, sesgos, distincións, racismos, xenofobia, e a súa interacción con outros procesos de discriminación, opresión, marxinación e exclusión que comezan nos primeiros anos de vida, como o sexismo, o clasismo, a homofobia, etc. |
2. MARCOS CONCEPTUAIS PARA A CONCIACIÓN: ENTRE AS CARACTERÍSTICAS DA ETAPA EDUCATIVA DE PRIMARIA E OS MODELOS DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA | 2.1. Epistemoloxía dos modelos: segundo as épocas, os colectivos de referencia, as zonas xeográficas de investigación, as disciplinas académicas de investigación e as ideoloxías subxacentes. 2.2. Antecedentes: o internacionalismo da UNESCO, os movimentos polos dereitos humanos e civís, a política compensatoria e a discriminación positiva. 2.3. O anti-racismo e a anti-discriminación. 2.4. As correntes de Educación Multicultural: pluralismo, asimilación, empoderamento, educación bilingüe, e influencias da Pedagoxía Crítica e da Educación Intercultural. 2.5. A interculturalidade: un reto ao marco multiculturalista. 2.6. O recente campo dos Estudos Culturais e a súa relación coa Pedagoxía Crítica, a Educación Multicultural Crítica e a Educación Intercultural e Inclusiva. 2.7. Visión global dos marcos conceptuais e legais da inclusión social e escolar (UNESCO, Constitución, LOE): converxencias e diverxencias. 2.8. Modelos de inclusión e exclusión social e escolar: percorrido da Educación Especial, do "mainstreaming" (integración), da Educación Compensatoria, e da Educación Inclusiva como actual resposta a unha "integración" moi deficiente do alumnado con discapacidade. 2.9. Máis alá da "inclusión: a convivencia multidireccional como proposta de futuro. |
3. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NA POLÍTICA EDUCATIVA E NA SOCIEDADE | 3.1. Tratamento escolar e social do alumnado con NEE e NEAE e Colectivos que poden ser obxecto de exclusión social ou escolar: minorías étnicas, emigrantes, inmigrantes, 3.2. Colectivos de referencia: o alumnado composto por minorías étnicas (xitanidade), pobos con aspiracións nacionalistas (na Galiza, no País Basco e en Cataluña), emigrantes, inmigrantes, persoas con discapacidade, grupos maioritarios ou dominantes; os familiares do alumnado; o profesorado; outros axentes da institución escolar; axentes comunitarios. 3.3. Prácticas das institucións sociais e as familias no proceso de fornecer ou debilitar a inclusión social e escolar. 3.4. Políticas, programas e medios dirixidos á atención á diversidade humana nos primeiros anos de escolarización: medidas escolares (acollida, adaptación do curriculum, optatividade, etc.) e de formación do profesorado. 3.5. Situación actual da atención á diversidade na Educación Primaria. 3.6. Luces e sombras nas aproximacións actuais á atención á diversidade na Educación Infantil. |
4. ORGANZIACIÓN DO CENTRO E DAS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS PARA DAR RESPOSTAS A PROL DO DESENVOLVEMENTO DE ESCOLAS INCLUSIVAS | 4.1. Globalización do curriculum na Educación Primaria: formas interculturais e transversais de ensinanza, aprendizaxe, representación, inclusión, participación, integración e interrelación nos primeiros anos de escolaridade. O valor dos proxectos de aprendizaxe interdisciplinares e inter-idade, e doutros métodos para diversificar e maximizar o acceso ao curriculum oficial para colectivos con necesidades educativas ben diferentes entre si (falantes de linguas non designadas como vehiculares no ensino; cativos procedentes de ámbitos desfavorecidos; ou nenas e nenos con distintas discapacidades). 4.2. O valor da aprendizaxe cooperativa en grupos mixtos, como técnica esencial para o traballo desde a perspectiva da inclusión do alumnado con NEAE, levado a cabo desde parámetros da intervención interprofesional. 4.3. Organización da estrutura escolar de acordo cos principios da escola inclusiva: respostas dos órganos do centro escolar; o acercamento da escola ás familias; a colaboración intersectorial; e a democratización das estruturas organizativas, participativas e interactivas na escolarización temperá para desestabilizar a cultura escolar tradicionalmente competitiva, homoxeneizante e excluínte. 4.4. Experiencias e prácticas das escolas inclusivas. 4.5. Educar en valores como o respecto, a empatía, o apoio mutuo, a solidariedade, o saber escoitar, a igualdade, o reparto equitativo dos bens, o sentido da xustiza, a non-violencia, etc. 4.6. Fomentar a inclusión e o empoderamento do alumnado procendente de grupos minoritarios mediante o recoñecemento e a incorporación constantes das súas perspectivas, experiencias, capacidades e outros aspectos identitarios (p. ex. lingüísticos), sempre implicando ao alumnado maioritario nestes procesos. Medios didácticos efectivos para este fin. 4.7. Claves para unha formación intercultural, inclusiva e anti-discriminación do profesorado, e o valor da colaboración inter-profesional (entre sectores de profesorado e outros axentes). |