Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. 50
Traballos tutelados Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos propostos que deben cumprir as directrices expostas de cada un deles. 20
Prácticas de laboratorio Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... 7
Presentación oral Valorarase a claridade, a habilidade para presentar a información e a comunicación dos resultados e as conclusións. 6
Foro virtual Cada estudante proporá un foro de debate, ó redor dunha noticia ou evento e participará nos foros propostos por outros estudantes. 4
Prácticas a través de TIC Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. 13
 
Observacións avaliación
A avaliación é orientativa, pode modificarse ó longo do curso escolar.

As faltas de ortografía nos traballos, nos materiais presentados e no exame reducirán a puntuación final.

A asistencia considérase obrigatoria. Todo estudante cunha asistencia inferior ó 80% das horas presenciais será avaliado de xeito diferente.