Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou ca actividade de simulación | 35 |
Simulación | Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). | 45 |
Estudo de casos | As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero. Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. |
20 |
Observacións avaliación | ||
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación. Na convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até 10. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter unha asistencia (por encima do 85%), poden acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para poder optar por este sistema deben de contactar coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento das mesmas. Para estes casos, varíanse as caracteristicas e o peso na cualificación global das actividades de avaliación do alumnado asistente e engádese a elaboración de un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas. |