Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables | Código | 652G03022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. A proba contemplará catro preguntas a desenvolver. |
40 |
Portafolios do alumno | Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe, a capacidade de recoñecer as propias dificultades así como de propoñer estratexias para superalas; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a presentación. | 10 |
Presentación oral | A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos. A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo. |
10 |
Simulación | Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. | 40 |
Observacións avaliación | ||
1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde ou laborais), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación:Ensaio reflexivo (20%); Proba de ensaio (40%); Estudo de caso (40%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle. 2.- O cómputo glogal da nota final require que a proba de ensaio e a simulación (ou estudo de caso) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual. 3.- Todos os traballos presentaranse en formato impreso (a dúas caras) e dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización. |