Datos Identificativos | 2012/13 | ||||||||||||||||||||
Asignatura (*) | Practicum I | Código | 652G03027 | ||||||||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 12 | |||||||||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||||||||
Prerrequisitos | Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos. | ||||||||||||||||||||
Departamento | Filosofía e Métodos de Investigación en Educación Pedagoxía e Didáctica Psicoloxía Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
||||||||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||
Web | http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum | ||||||||||||||||||||
Descrición xeral |
Créditos e presencialidade Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas) Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación. Contextualización No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI. |
||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |