Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Ten como obxectivos a profundización nos contidos abordados, o contraste de distintos puntos de vista e a análise das medidas activa de emprego desenvolvidas a nivel comunitario, español e galego.
Discusión dirixida Sobre temáticas concretas e como actividade complementaria da análise de fontes documentais.
Traballos tutelados O traballo tutelado consiste na elaboración en grupo dun informe sobre unha das seguintes temáticas: as reformas laboral e das pensións, as "solucións alternativas" á crise actual e as políticas de emprego despregadas con diferentes colectivos. O producto é a realización dun informe e a organización dunha mesa redonda sobre estas temáticas.
É obrigatoria a asistencia a tres de sesións de titoría.
Sesión maxistral Exposición da profesora dirixida a presentación, explicación, síntese e relación entre os contidos abordados ó longo dos distintos temas.
Aprendizaxe colaborativa Considerase como un principio de funcionamento do grupo nas actividades grupais (traballo tutelado e cartafol grupal)
Glosario Forma parte do cartafol grupal.
Mapa conceptual Actividade integrada no cartafol grupal e consiste na elaboración dun mapa conceptual da materia
Mesa redonda Forma parte do traballo tutelado e vai versar sobre as refomras laboral e das pensións.
Portafolios do alumno Actividade grupal no que se inclúen as actividades grupais, o glosario, o mapa conceptual e unha reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o funcionamento do grupo.
Proba de resposta breve As preguntas demandan das capacidades de síntese, análise e comparación.
Actividades iniciais Son actividades de coñecementos previos que se realizaran ó inicio de cada tema ou apartado do mesmo.