Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura obligatoria:
Karmiloff, K. y Karmiloff- Smith, A. (2005) Hacia el lenguaje. Madrid: Morata
Proba obxectiva A avaliación da materia realizarase mediante dous exames parciais e un examen final. Nenbargantes, a superación do curso implica a entrega do traballo práctico antes mencionado e das sínteses das lecturas obrigatorias e resúmenes.
Saídas de campo Os estudantes, en grupos de 5 ou 6 persoas, asistirán co profesor a unha práctica nunha escola infantil con nenos de 2-3 anos. O obxectivo da práctica é simular a situación de contacto inicial cun suposto paciente. No trascurso da práctica os estudantes deberán contactar cun neno/a, identifica-lo seu nome e idade, léxico que produce, tipo de sintaxe e posibles distorsións articulatorias. Posteriormente cada estudante presentará o seu caso e informará das estratexias seguidas para conquerir e manter a atención e cooperación do neno/a.
Sesión maxistral O profesor presentará aos estudantes un resumo esquematizado do contido central dos temas do programa. No caso das prácticas explicará en qué consisten as técnicas e procedementos que o estudante terá que seguir nos traballos prácticos tutelados.
Traballos tutelados Os estudantes, en grupos de 3 persoas como máximo, rexistrarán un corpus lingüístico dun neno/a entre 2 e 6 anos, o transcribirán e analizarán polo procedemento explicado no tema metodolóxico. O resultado ten que ser entregado antes de final de curso en forma de traballo práctico.
Obradoiro Os estudantes participarán en diversos obradoiros que terán lugar nas clases interactivas. Neles discutiranse algúns aspectos presentados nas clases teóricas centrándose nas súas aplicacións prácticas
Portafolios do alumno Os estudantes realizarán ao longo do curso un portafolios no que recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos feitos, lecturas, prácticas, etc. Este portafolios non será entragado pero poderá ser supervisado polo profesor nas titorías individuais.