Análise de fontes documentais |
Leitura e exame crítico dos principais documentos éticos e xurídicos da investigación biomédica. Serven de introdución xeral á materia, pois están presentes en todos os temas. Proporcionan unha explicación histórica e sistemática do seu significado. Así mesmo, son importantes para o estudo de casos, os obradoiros e os traballos tutelados |
Estudo de casos |
A análise ética e xurídica da investigación ten unhas características específicas. Co estudo de casos se pretende examinar a estrutura e os contidos dos problemas presentes nos casos, tanto de xeito individual como en grupo. É unha forma de aprendizaxe de contidos e tamén metodolóxica, na que o estudante aprende a analizar, deliberar e chegar a conclusións fundamentadas e razoábeis con argumentos éticos e xurídicos. resulta útil para exercitar as destrezas e habilidades argumentativas. |
Sesión maxistral |
Mediante unha exposición oral, o profesor tenta transmitir os conceptos e coñecementos éticos e xurídicos básicos da materia. A súa singularidade fai que adique tamén un tempo á exposición da linguaxe específica que soporta os conceptos, e que serve de principal medio de comunicación e argumentación ética e xurídica.
Sen estas sesións aclaratorias o estudante terá dificuldades para comprender axeitadamente a linguaxe e os conceptos que integran os aspectos éticos e xurídicos da investigación biomédica |