Metodoloxías
Prácticas clínicas
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Descrición
Prácticas clínicas: proceso instrucional no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica.
Aprendizaxe colaborativa: se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado.
Presentación oral: baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado e dinámico.
Investigación (Proxecto de investigación): requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.