Código Competencias da titulación
A29 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A30 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A31 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade.
A32 Analizar os datos estatísticos referidos a estudios poblacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
A33 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.