Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e sen penalización por erro cometido, e unha pregunta curta acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. 60
Prácticas de laboratorio A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación mostrada nas mesmas, así como a correcta execución das técnicas ensinadas. 30
Estudo de casos Entrega en tempo e forma de resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización ou se realizarán durante as horas presenciais (clases interactivas). 5
Esquemas Entrega en tempo e forma de esquemas ou gráficos de contidos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización. 5
 
Observacións avaliación

Resulta conditio sine qua non acadar un 50% da calificación máxima correspondente á proba mixta para superala materia