Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral • 15 leccións maxistrais presenciáis dunha hora de duración sobre os contidos teóricos do programa. Para o seu óptimo aproveitamento, os alumnos disporán previamente, tanto na fotocopiadora do centro como na páxina web da UCV, das láminas empregadas polo profesor durante a súa explicación.
Saídas de campo • 4 sesións de docencia práctica de campo onde o alumno terá ocasión de empregar diferentes trampas e técnicas de captura de diferentes medios, ademáis de observar ós animáis vivos no seu medio natural.

A asistencia as prácticas de campo é obrigatoria, a non asistencia a 1 práctica implicará o non posibilidade de realizar o exame oficial
Prácticas de laboratorio • 9 sesións de docencia práctica de laboratorio onde o alumno terá ocasión de recoñecer a diversidade dos principais grupos animáis e relacionalos co seu ambiente así como adquirir experiencia na sua captura e no emprego de dos principais métodos de captura dos mesmos.

A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, a non asistencia a 1 práctica implicará o non posibilidade de realizar o exame oficial
Proba obxectiva O exame de contidos teóricos incluirá preguntas tanto das clases maxistráis impartidas polo profesor como da materia explicada durante as prácticas de laboratorio e durante as actividades no campo.

Realizarase un examen final liberatorio e optativo unha vez rematada a docencia teórica e práctica da asignatura, e con bastante antelación á data do examen final oficial de xuño. En ambos-los dous examens entrará toda a materia impartida durante o curso.

A participación activa por parte do alumno en calquera das actividades docentes (clases maxistrais, prácticas de laboratorio e de campo, etc.) será valorado de modo positivo polo profesor no cálculo da calificación final.