Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Bioloxía dos Animais Doceacuícolas | Código | 610212602 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Todos | Optativa | 5.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
INTRODUCIÓN CARACTERIZACIÓN DE BIOTOPOS E COMUNIDADES PLANCTO E NEUSTO BENTOS NECTO CONCEPTOS INTEGRADORES BIOLOXÍA APLICADA |
TEORÍA I.- INTRODUCIÓN Tema 1. Introdución. Augas doces e fauna doceacuícola: conceptos e significado dos termos. Diversidade faunística e orixes da fauna doceacuícola. Adaptacións da fauna á vida nas augas doces. II.- CARACTERIZACIÓN DE BIÓTOPOS E COMUNIDADES Tema 2. Medios lóticos e medios lénticos.- Breve tipoloxía. Principais factores ambientais. Distribución da fauna e caracterización de comunidades. Adaptacións. Tema 3. Biótopos atípicos ou en condicións extremas.- Augas subterráneas. Augas temporais. Augas contaminadas. Outros ambientes. Principais factores ambientais. Caracterización de comunidades e adaptacións. III.- PLANCTO E NEUSTO Tema 4. Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Rotíferos, Cladóceros e Copépodos. Outros compoñentes do plancto. Tema 5. Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Heterópteros. Outros compoñentes do neusto. IV.- BENTOS Tema 6. Invertebrados non artrópodos I (diblásticos, acelomados e pseudocelomados).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Esponxas, Turbelarios e Nematodos. Outros grupos. Tema 7. Invertebrados non artrópodos II (celomados).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Moluscos e Anélidos. Outros grupos. Tema 8. Artrópodos I (Crustáceos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Ostrácodos, Isópodos, Anfípodos e Decápodos. Outros grupos. Tema 9. Artrópodos II (Insectos hemimetábolos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Efemerópteros, Odonatos e Plecópteros. Tema 10. Artrópodos III (Insectos holometábolos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Coleópteros Dípteros e Tricópteros. Outros grupos. Tema 11. Outros compoñentes do bentos. V. NECTO Tema 12. Peixes.- Principais trazos anatómicos, biolóxicos e ecolóxicos. Bioloxía e ecoloxía das especies máis representativas. Outros compoñentes do necto. VI.- CONCEPTOS INTEGRADORES Tema 13. Zooxeografía.- Patróns de distribución. Dispersabilidade, illamento e especiación. Pautas xerais de distribución dos principais grupos faunísticos. Zooxeografía das augas doces da península Ibérica. Fauna doceacuícola de Galicia. Tema 14. Interaccións no seo das comunidades.- Competencia e segregación de nichos. Relacións tróficas entre os distintos compoñentes das comunidades fluviais e lacustres. Parasitismo. VII.- BIOLOXÍA APLICADA Tema 15. Fauna e contaminación.- Efectos dos diversos tipos de contaminación sobre os organismos, as poboacións e as comunidades. Índices de calidade. O coñecemento taxonómico e biolóxico como bases para unha correcta elaboración e aplicación dos índices biolóxicos de calidade de augas. Tema 16. Xestión piscícola.- Consideracións xerais. Principios básicos para a conservación e recuperación de hábitats. Repoboacións. Nocións de piscicultura. PRÁCTICAS OBSERVACIÓN DE ZOOPLANCTO OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INVERTEBRADOS NON ARTRÓPODOS OVSERVÁCIÓN E IDENTIFICACIÓN DE CRUSTÁCEOS OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS HEMIMETÁBOLOS OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS HOLOMETÁBOLOS OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE PEIXES EMPREGO DOS MACROINVERTEBRADOS NO CONTROL DA CONTAMINACIÓN |