Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Toma de contacto coa materia, analizando a grandes trazos os aspectos a considerar nos diferentes bloques temáticos, a bibliografía básica e os obxectivos que se perseguen co estudo da materia.
Breve resumo das metodoloxías que figuran recollidas na guía docente.
Rolda aberta de intervencións.
Análise de fontes documentais Os alumnos, organizados en grupos de 2 a 4 (en función da matrícula), realizarán una análise pormenorizada de diversas fontes bibliográficas propostas polo profesor de cara a profundizar no coñecemento dos temas que integran os bloques III, IV e V do programa teórico da materia (un tema por grupo). Como resultado desa análise, prepararán un texo escrito de arredor de 20 páxinas impresas (incluidos gráficos e figuras), que entregarán ao profesor cunha antelación mínima dunha semana.
Aprendizaxe colaborativa Os matices do enfoque así como a estrutura coa que se haberá de organizar cada tema corresponden ao conxunto dos alumnos que integran o grupo encargado de preparalo. Así, cada alumno non so será responsable directo da parte do tema que eles mesmos decidan, senon tamén do seu conxunto, que haberá de levar un enfoque, una estrutura e unha presentáción homoxéneas.
Prácticas de laboratorio As 15 horas de prácticas organizaránse preferentemente en 4 sesións de prácticas de laboratorio, nas que os alumnos, guiados polo profesor, terán unha participación constante e moi activa. As prácticas concíbense, en boa medida, como un complemento ao temario teórico, no que priman claramente os aspectos biolóxicos sobre os anatómicos.
Presentación oral Cada grupo de alumnos deberá defender na aula o tema que lle correspondera, para o cal haberá de preparar unha presentación oral e expoñela diante do resto dos compañeiros e do profesor. A exposición estará pensada para 45 minutos, repartíndose éstes dun xeito máis ou menos equitativo entre os compoñentes do grupo. Rematada a presentación, o profesor procederá a efectuar unha breve análise crítica do tema exposto, así como da súa presentación escrita e oral, podendo formular preguntas ao grupo a respeito dalgúns aspectos que, ao seu parecer, merezan ser clarificados.
Proba mixta Nesta proba, trátanse de avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia impartida polo profesor nas sesións maxistrais. O exame sobre a materia teórica impartida polo profesor consistirá nun cunxunto de preguntas de diferente entidade e puntuación, formuladas para valorar os coñecementos adquiridos e a comprensión dos mesmos.
Seminario Os seminarios consisten na exposición e debate sobre os temas preparados polos alumnos relativos aos bloques temáticos II, IV e V, a partires da análise das fontes bibliográficas.
Sesión maxistral Dos sete bloques temáticos nos que se divide o temario de teoría, os bloques I, II, VI et VII serán impartidos integramente polo profesor, nun total de 12 sesións maxistráis. Os aspectos máis básicos dos bloques III, IV e V, de crácter máis descritivo, serán así mesmo impartidos polo profesor, dedicándolle outras 12 horas lectivas.
Lecturas Cada alumno poderá analizar e expoñer brévemente na aula (máximo 5 minutos) unha separata dun traballo de investigación que lle será proporcionado polo profesor.