Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais (aprox. 35) dunha hora sobre aspectos teóricos do programa. As presentacións en PowerPoint empregadas, estarán na web na Plataforma Virtual da UDC a disposición dos alumnos.
Prácticas de laboratorio Actividades prácticas con CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento de prácticas de laboratorio repartidas en tres sesións, que requiren do manexo de organismos planctónicos, e análise de estómagos de peixes demersais e crustáceos bentónicos, posibilitando abordar relacións tróficas, e entroncar os datos con aspectos biolóxicos (crecemento, reprodución, etc.) e o medio natural do cal proceden as mostras. AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos e CONCLUSIÓNS no desenvolvemento das mesmas.
Traballos tutelados Dez sesións dunha hora (incluíndo uns minutos de debate) dentro do horario da materia, dedicadas á exposición de traballos sobre materia do programa ou relacionada co mesmo, presentados por grupos de alumnos (participando todos na exposición), con CARÁCTER OBRIGATORIO.
O tema do traballo será escollido dun listado ofrecido polo profesor (ou ao chou no caso de coincidencia nas preferencias dos alumnos), terá unha extensión que non superará as 10 páxinas (material gráfico incluído), e deberá ser entregado unha semana antes da data de exposición.
O profesor supervisará e dinamizará estas sesións dos grupos de traballo, e aparecen tamén englobados como seminarios, asesorando previamente aos alumnos sobre a organización, contidos e bibliografía a empregar.
Seminario Estes seminarios fan referencia aos traballos tutelados mencionados. A exposición dos traballos poderá ser de media ou dunha hora de duración (debate incluído en ambos casos), dependendo da temática.
Proba obxectiva Exame de contidos teóricos (haberá un exame final de carácter optativo, previo á data do final oficial), tomando en consideración temas abordados nas leccións maxistrais así como os aspectos tratados polos sucesivos grupos de traballo e expostos nos sucesivos seminarios.