Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio -Destacándose o seu CARÁCTER OBRIGATORIO, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados polos alumnos en cada sesión de laboratorio, pois ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos e CONCLUSIÓNS no desenvolvemento das mesmas. 15
Traballos tutelados -Estruturados en Grupos de Traballo de 2-3 alumnos. Elaboración dun texto, presentación gráfica e exposición do traballo en clase. Destácase o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. É unha preparación e exposición de traballos en grupo, incluída a participación no debate que se poida suscitar. Computan conxuntamente co epígrafe "Seminario", totalizando o 15%. 12
Seminario -Os seminarios quedan enmarcados baixo e epígrafe "Traballos tutelados", computando conxuntamente, totalizando así o 15%. 3
Proba obxectiva -Para superar a parte teórica da materia, poderase concorrer a un exame de carácter voluntario, previo á data do final oficial; aqueles alumnos que se tiveran presentado ao mesmo, poderán así superar a parte teórica da materia sen necesidade de acudir ao exame final oficial. Os que desexen optar a outra cualificación poderán presentarse novamente ao exame final oficial (subindo ou baixando nota), ao que terán que concorrer aqueles que non se presentaran ao realizado previamente con carácter voluntario ou non tiveran superado o mesmo.
Os exames teóricos incluirán preguntas de materia correspondente ás clases maxistrais impartidas polo profesor, así como materia que forma parte dos traballos elaborados e presentados polos alumnos.
Computarán como o 70% da nota máxima final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben é preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
70
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, a elaboración e presentación do Traballo Tutelado, e as actividades prácticas de laboratorio realizadas. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a capacidade de síntese, claridade expositiva e as habilidades adquiridas.
- A avaliación da materia estará baseada nun exame de contidos teóricos (haberá un exame de carácter voluntario, previo á data do final oficial), na elaboración e presentación de traballos por grupos de alumnos, e o labor realizado nas sesións de laboratorio.
- Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran ao exame de teoría. Neste caso, o alumno poderá conservar a cualificación do traballo en grupo e das prácticas por 1 ano.
- Non haberá exame de prácticas. Terase en consideración o traballo desenvolto ao longo das mesmas e os datos obtidos polos alumnos que serán aportados ao remate de cada sesión.
DATA e HORA DE EXAMES: pendentes de aprobación en Xunta de Facultade (exames de decembro, xuño e setembro), e de facer posteriormente a reserva de data e aula en que terá lugar o exame de carácter voluntario (fins de maio) previo á data do exame final.