Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Consistirá en un exame teórico sobre os contidos da materia
Actividades iniciais - 1 hora presencial de presentación da materia
- 1 hora presencial de presentación e instruccións de realización do traballo titoreado
Sesión maxistral
21 clases presenciales. Cada unha tendrá unha duración de 50 minutos. Os materiais mais relevantes e outros de apoio estarán ó dispor dos estudiantes na Facultade Virtual, na Aula net ou ben na fotocopiadora.

Nembargantes, a consulta da bibliografía (básica e complementaria) que se cita nesta guía é fundamental cara á unha boa aprendizaxe desta materia.

Asimesmo recomendase que os alumnos fagan uso das titorías no horario especificado nesta guía, e/ou das titorías por correo electrónico.

Os coñecementos adquiridos avaliaranse nunha proba escrita de carácter final, inda que certas partes da materia poderán liberarse mediante outras probas ó longo do cuadrimestre.
Análise de fontes documentais Análise de artigos de revisión (en inglés) sobre diferentes temas da materia cara a selección do tema do traballo titoreado
Traballos tutelados Consistirán na lectura e análisie crítica dun artigo científico extenso (de revisión) en inglés.
Para o correcto desenrolo do traballo se estabelecerá unha sesión especial de consulta de dúbidas e tres titorías persoalizadas nas datas indicadas, co fin de que o alumno poda ir plantexando as dúbidas surdidas ó longo da lectura do artigo, e os profesores poidan realizar un axeitado seguimento do seu traballo e dar as orientacións necesarias.

De cara ó bo aproveitamento destas titorías é fundamental que o alumno teña realizado puntualmente o traballo asignado para cada unha delas.

As titorías serán concertadas coa suficiente antelación, e dacordo coas necesidades do alumno, polo que os profesores terán unha flexibilidade razoable á hora de fixa-las datas.

os alumnos deberán expoñer ante a clase e os profesores un extracto do artigo, cos medios audiovisuais oportunos, insistindo na estructura do mesmo, o prantexamento da investigación de que trata, os resultados principais e as conclusiones mais suliñables. A duración da exposición será de 30 minutos.

Previamente ás sesións de exposición e debate dos traballos, cada alumno deberá entregar un resumo impreso do mesmo, asustándose ó formato determinado polos profesores. Con todos os resumos farase un libro de resumos para todos os alumnos.
Saídas de campo Realizarase na data prevista. Nela visitaranse puntos de interés para o coñecemento da Historia da Terra e da Vida. Haberá que presentar unha breve memoria explicativa da actividade realizada.
Discusión dirixida Tras cada sesión de exposición dos traballos titoreados haberá un debate dirixido sobre o contido dos mesmos.

Tanto os contidos dos traballos coma as ideas e coñecementos novos que xurdan do debate, relacionados cos contidos teóricos da materia, serán evaluados no exame teórico, polo que a asistencia ás exposicións é obrigatoria.

A participación dos alumnos no debate dos traballos será tamén considerada na cualificación final, así como a súa avaliación dos traballos expostos por outros compañeiros