Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta breve Exame dos contidos teóricos e prácticos (acadados ca realización, exposición e debate dos traballos titoreados) 50
Discusión dirixida Valoraráse a participación activa na mesma 5
Traballos tutelados Valoraránse:
-os avances na preparación do traballo titoreado (seguimento das titorías)
-A calidade da exposición e resumo do traballo (non da forma senón do contido)
40
Saídas de campo Valorarase á asistencia e a presentación de memoria do traballo realizado. 5
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia comprende:

Calificación sobre os coñecementos teóricos, realizada sobre os resultados de:

- Unha proba escrita sobre contidos impartidos nas clases teóricas e os dos traballos titoreados.

- A participación nos debates dos traballos titoreados.

Calificación sobre os coñecementos prácticos realizada sobre os resultados de:

- Avances na preparación do traballo titoreado (seguimento das titorías)

- Exposición e resumo do traballo titoreado.

- Participación na saída de campo e presentación de breve memoria explicativa.

Para superar a materia é preciso acadar unha puntuación mínima de 4,9.
A calificación final resultará de valorar as distintas actividades, segundo a seguinte distribución:


Proba escrita de teoría: ate 5 puntos

Traballo titoreado: ate 4 puntos.
Participación nas sesións de discusión dirixida: ate 0.5 puntos.
Participación na saída de campo e memoria da mesma: ate 0.5 puntos.

A nota de teoría soamente compensa coa do traballo titoreado a partires de 4 puntos (sobre 10) no exame teórico.

A asistencia ás exposicións dos traballos titoreados é obrigatoria.

Tanto nas probas escrita coma na exposición do traballo, será especialmente valorada a claridade, a precisión conceptual, e a capacidade de relación de conceptos diversos, así coma o manexo da terminoloxía específica, e non a simple repetición memorística da materia.

Convocatoria de Setembro:

A calificación obtida no traballo práctico gárdase ata setembro se fose aprobado.

Se a calificación é de suspenso (ou Non Presentado), o alumno deberá repetir o resumo, e facer unha nova exposición ós profesores na data que será concertada expresamente para isto.

O aprobado non se conserva máis alá da convocatoria extraordinaria de Decembro. En calquer caso, as calificacións de calquera parte da materia somentes serán válidas no curso académico no que foran acadadas.

 A non realización do exame teórico nen a presentación do traballo titoreado suporán unha calificación de NON PRESENTADO.