Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Paleobioloxía | Código | 610212629 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Todos | Optativa | 5.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | a) 1 exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou b) Cuestionarios de prácticas |
10 |
Proba obxectiva | Consiste na realización dun exame escrito sobre os contidos teóricos impartidos durante as sesións maxistrais | 70 |
Seminario | Controis rutinarios sobre os contidos dos seminarios | 20 |
Observacións avaliación | ||
A avaliación dos contidos teóricos inclúe as actividades realizadas nas sesións maxistrais e nos seminarios. No que se refire as sesións maxistrais, se ofrece a posibilidade de realizar un exame final liberatorio ("proba obxectiva") previo ao exame final de carácter oficial. A superación dos exames de prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a asignatura.
A compensación de nota entre teoría (contidos das sesións maxistrais e os seminarios) e prácticas farase só a partires dunha nota mínima de 4 en cada unha das partes. As cualificacións das prácticas de laboratorio e seminarios se conservan na convocatoria de Setembro. A cualificación da proba obxectiva de Setembro substituirá á obtida en Febreiro. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20% das actividades avaliables programadas. A non asistencia ás sesións de prácticas de laboratorio ou ao obradoiro suporá a realización dun traballo extenso sobre un grupo taxonómico de fósiles a determinar polo profesor e á súa exposición oral. A non asistencia á saída ao campo suporá a realización dun traballo extenso sobre a xeoloxía e paleontoloxía da zona a partires de mapa xeolóxico e outra información dispoñible que suministrará o profesor. Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. |