Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
Resolver problemas de forma efectiva.
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.