Metodoloxías
Descrición
Tal e como se comenta no apartado de metodoloxía, os obradoiros serán actividade formativa orientada á aplicación das aprendizaxes adquiridas na resolución de problemas concretos. Realizaranse en grupos reducidos (5-8 alumnos), e por tanto implican unha atención personalizada ao alumnado. Asemade, cada alumno disporá cando menos de dúas horas de atención individualizada ao longo do curso, co obxectivo de que o profesor poida valorar o nivel de competencia acadado polo alumno, así como orientalo no seu estudo. Realizaranse dúas entrevistas, unha por cada bloque de contidos da materia, que serán acordadas entre o profesor e o alumno.