Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Antes do comezo de cada unidade temática entregarase ó alumno un esquema cos puntos fundamentais que se tratarán nas clases maxistrais así como un material complementario de apoio (transparencias, documentos ppt). O profesor expoñerá os conceptos fundamentais de cada unidade seguindo o dito guión.
Seminario Os seminarios están concibidos como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Neles resolveranse dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas clases maxistrais. Tamén estarán dedicados á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente terán sido entregados ao alumno. Esta actividade desenvolverase ó longo de todo o curso en coordinación coa evolución das clases maxistrais.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, da preparación de traballos individuais ou en grupo, a discusións de temas de actualidade no campo de Ciencia de Materiais, a visita a centros relacionados coa materia (p. ex. o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil, onde levan a cabo ensaios de propiedades mecánicas de materiais), a asistencia a conferencias, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número de alumnos matriculados, a organización de conferencias por parte do centro e outros organismos, os acordos concretados con empresas a visitar, etc.
Proba obxectiva • Exame parcial, de carácter voluntario, a mediados do cuadrimestre (ao finalizar a Unidade II)
Este exame terá carácter orientativo para a alumno, co obxectivo de facilitarlle o estudio e a comprensión da materia.
Proba obxectiva • Exame final, de carácter obrigatorio (a realizar nas convocatorias oficiais, de xuño, setembro e/ou decembro).
Neste exame avaliarase a comprensión da materia en conxunto, dado que o obxectivo fundamental é que o alumno teña unha visión global, sendo capaz de relacionar as estruturas e composicións dos distintos tipos de materiais coas súas propiedades e aplicacións.