Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación activa do alumnado nestas sesións. 0
Seminario Avaliaranse a participación activa do alumnado nas sesións presenciáis, así como os exercicios e traballos entregados. 0
Eventos científicos e/ou divulgativos Avaliarase a participación activa do alumnado, mediante a participación en debates e/ou entrega de traballos previos ou posteriores aos eventos. 0
Proba obxectiva Véxase apartado "observacións avaliación". 0
Proba obxectiva Véxase apartado "observacións avaliación". 0
 
Observacións avaliación

• Ao longo do cuadrimestre realizaranse dous exames: un exame parcial de carácter voluntario a mediados do cuadrimestre, e un exame final de carácter obrigatorio (a convocatoria oficial de xuño).

• No exame final avaliarase a comprensión da materia en conxunto, dado que o obxectivo fundamental é que o alumno teña unha visión global, sendo capaz de relacionar as estruturas e composicións dos distintos tipos de materiais coas súas propiedades e aplicacións.

• O aproveitamento e rendemento do alumno tamén será avaliado de forma continuada tendo en conta a eventual elaboración de traballos complementarios, a súa participación activa tanto en seminarios como nas clases teóricas, na resolución de problemas e exercicios, en discusións, na presentación e resolución de dúbidas.

• A nota final da materia (tanto na convocatoria ordinaria como nas extraordinarias de setembro e decembro) terá en conta a cualificación obtida nos exames así como as cualificacións obtidas no resto das actividades: participación en clases (teóricas e seminarios), entregas de traballos, visitas, titorías, etc. O conxunto destas actividades valorarase ata un máximo de 1.5 puntos sobre 10, e será tido en conta para matizar a alza a cualificación obtida nos exames (sempre e cando no exame o alumno obteña unha cualificación mínima de 4 sobre 10). O peso de cada unha destas actividades concretarase durante o desenvolvemento do curso, en función das actividades que se poidan organizar.

• Obterán a cualificación de "non presentado" os alumnos que non se presenten ao exame final.