Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Todos os estudantes deberán asistir a una lección maxistral na cal presentarase a asignatura.
Se lles comentará os obxectivos do traballo de laboratorio que van a desenrolar no esquema formativo da Química Física, indicándolles que esta trata de atopar e interpreta-las leis xerais da Química, e require para a súa confirmación a comprobación experimental das conclusións establecidas pola vía teórica, sexa dedutiva ou indutiva.
Se lles explicará como terán que traballar no laboratorio, a importancia da prevención de riscos e da xestión de residuos.
Tamén os tipos de avaliación que terán, horarios, etc.
Se resolverán todas as dúbidas que poidan ter
Prácticas de laboratorio Todos os alumnos/as realizarán tres experimentos no laboratorio relacionados coas meirandes áreas experimentais da Química Física (estrutura atómica e molecular, cinética química, electroquímica, fenómenos superficiais, fenómenos de transporte, fotoquímica, macromoléculas, termodinámica química) que consistirán en casos prácticos similares aos que poderían ter que enfrontar na súa labor profesional.

Existen dous plantexamentos extremos para un experimento: i) a experiencia totalmente planificada polo profesor ("receita de cociña"), na que se indican ao alumno detalladamente os distintos pasos a seguir, e ii) pódense plantexar experimentos nos que o alumno sexa o protagonista. Este último sistema esixe máis esforzo do alumno, xa que deberá buscar por si mesmo a solución ós problemas teóricos e experimentais. Dada a situación da asignatura na Licenciatura, é esta última opción a que se empregará. Dáselle moita importancia á axeitada confección dun diario de laboratorio. Procúrase tamén que o alumno/a aprenda a realiza-las montaxes necesarias, manexe con soltura as técnicas correspondentes e execute axeitadamente os experimentos, realizando unha toma de datos correcta.
Análise de fontes documentais Planificación e discusión experimentos (obxectivos, hipóteses, metodoloxía, instrumentación, desenvolvemento, análise dos datos, etc.)

Unha adecuada planificación marca, en moitas ocasións, o éxito ou fracaso ó levar a cabo experimentos no laboratorio. O deseño do experimento é fundamental nesta fase da aprendizaxe. Antes de levar a cabo a parte experimental propiamente dita, o estudante debe reflexionar e deixar constancia no seu diario de laboratorio acerca da bibliografía consultada e as matizacións dos obxectivos iniciais.

Tódolos puntos da planificación serán discutidos e controlados polo profesor. Farase fincapé nas medidas de seguridade e no tratamento dos residuos xerados, a fin de minimiza-lo seu impacto ambiental.
Resumo A análise dos resultados obtidos debe realizase segundo criterios físico-químicos e matemático-estadísticos. Considérase de elevado interese formativo requirir ó estudante, terminada a súa estadía no laboratorio, para que presente os resultados obtidos elaborando un informe escrito, en formato similar ó empregado nos ámbitos científico-técnicos. Téntase así que o estudante organice o seu traballo, o analice dun xeito crítico e o defenda publicamente
Presentación oral A análise dos resultados obtidos debe realizase segundo criterios físico-químicos e matemático-estadísticos. Considérase de elevado interese formativo requirir ao estudante, terminada a súa estadía no laboratorio, para que presente os resultados obtidos oralmente, en formato similar ó empregado nos ámbitos científico-técnicos. Téntase así que o estudante organice o seu traballo, o analice dun xeito crítico e o defenda publicamente.