Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Se valorará o deseño do experimento, pasos experimentais, opcións das técnicas que se poidan utilizar.

A preparación previa das prácticas, xunto coas destrezas e coñecementos adquiridos durante as mesmas e a elaboración do caderno de laboratorio computará por un total do 50% da cualificación final. (A contribución desta metodoloxía á cualificación final xa está incluida na cualificación das prácticas de laboratorio).
0
Presentación oral Se valorará a elaboración dunha presentación oral breve con materiais multimedia e defensa da mesma.
25
Prácticas de laboratorio Se valorará o traballo persoal do alumno no laboratorio, incluíndo a planificación e execución dos experimentos, o grao de comprensión dos mesmos e das técnicas usadas e as capacidades de análise crítica, síntese e xeneralización.

Nesta avaliación inclúese a valoración do caderno de laboratorio.

50
Resumo Se valorará elaboración dos resultados en forma dun traballo escrito co formato habitual dos artigos científicos e / ou informes técnicos. 25
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións experimentais é obrigatoria para poder superar a asignatura.



Só poderán ser cualificados como “non presentados” os alumnos que realizaren menos dun 25% das actividades avaliables.

Realizarase un proceso de avaliación continua:

A preparación previa das prácticas, xunto coas destrezas e coñecementos adquiridos durante as mesmas e a elaboración do caderno de laboratorio computará por un total do 50% da cualificación final. Tanto o resumo como a presentación oral corresponderalle un 25% da cualificación final acadada.

Para poder superar a materia o alumno debera obter como mínimo un 3 sobre un total de 10 en cada un dos tres apartados anteriormente mencionados e unha cualificación final igual o superior a 5.

Os alumnos que non acaden a calificación mínima de 5.0 sobre un total de 10 no traballo de laboratorio deberán realizar unha proba práctica no mesmo.

Os alumnos que non acaden a cualificación mínima de 5.0 na nota final, deberá realizar unha proba escrita que versará en todo caso exclusivamente sobre os experimentos
desenvolvidos por cada alumno e a análise, tratamento e presentación dos
datos correspondentes aos mesmos.

Do mesmo xeito, os alumnos insatisfeitos coa cualificación acadada tras o proceso descrito poderán optar pola realización da proba escrita.

Nas convocatorias de decembro e setembro a avaliación consistirá nunha proba escrita que estará relacionada cos experimentos desenvolvidos por cada alumno nas sesións do laboratorio.

Datas provisionais dos exames (pendentes de aprobación en Xunta de Facultade):

Convocatoria de Xuño: 3 Xuño ás 10:00

Convocatoria de Setembro: 5 Setembro ás 10:00