Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Valorarase a participaciòn activa no seminario e a capacidade mostrada na resolución dos problemas formulados. 10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Proba mixta Avaliarase o coñecemento da materia a través da realización dun exame parcial e un exame final. 50
Traballos tutelados A valoracion do traballo realizarase en dúas fases, de tal forma que, de ser necesario, o alumnado terá a oportunidade de corrixir as deficiencias indicadas na avaliación inicial. Valorarase o proceso e a memoria final. 10
 
Observacións avaliación

Os exames parciais serán de tipo eliminatorio sempre que se obteña un mínimo de 5 sobre 10: Porén, esta opción non se conserva para a convocatoria de setembro.


Para a cualificación global obteráse a nota media ponderada de acordo coa % indicada arriba. O aprobado requerirá unha nota media mínima de 5 (sobre 10), de forma combinada cunha nota mínima de 4,5 nos apartados de Practicas de laboratorio e Proba mixta (exame). A asistencia á prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.