Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
A atención persoalizada enténdese coma unha orientación enfocada a mellorar e incrementar os coñecementos básicos previos dos alumnos, aprendendo a discernir entre a bibliografía máis adecuada e actualizada, axudando a centrar o tema obxecto dos seminarios e traballos tutelados, contribuíndo á mellora e ó fomento do espírito crítico dentro da metodoloxía científica. Do mesmo xeito, enfatizarase dita personalización mediante titorías en grupos reducidos, titorías on line, foros de discusión e transmisión de contidos mediante listas de correo ós alumnos implicados na materia.