Sesión maxistral |
Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes. |
Traballos tutelados |
Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polos profesores. Realizaranse para iso titorías nas que os profesores orientarán aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaranlles material bibliográfico orientativo. Unha copia en papel dos traballos entregarase en man, e outra en formato electrónico (MS Word ou Adobe Acrobat) xunto coa presentación (PowerPoint ou Adobe Acrobat) entregaranse a través da Facultade Virtual antes da data fixada. Os traballos estarán a disposición de todos os alumnos na plataforma virtual Moodle. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Hospital Oncolóxico nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético. |