Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse clases teóricas (en forma de leccións maxistrais) nas que se presentan contidos fundamentais da materia.
Proba obxectiva arase un exame co obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas ou leccións maxistrais.
Prácticas a través de TIC Realizaranse prácticas de ordenador, que se enfocarán como traballos dirixidos polo profesorado. Nelas os alumnos aprenderán de maneira práctica a utilizar ferramentas informáticas no campo de materiais (para a busca de información, para a visualización de estruturas, para a caracterización mediante técnicas como DRX ou microscopia electrónica, etc.)
Traballos tutelados - Traballos. Tamén se realizarán traballos sobre algún tema concreto clave e de actualidade, do ámbito da Ciencia de Materiais, a elixir entre alumnos e profesores. Os traballos presentaranse por escrito e tamén de maneira oral.

- Titorías. Entrevistas persoais levadas a cabo cos alumnos, de carácter voluntario por parte dos mesmos, e co obxecto de resolverlle dúbidas ou orientalo en calquera aspecto relativo á materia.