Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva (Xa descrito) 25
Prácticas a través de TIC (Xa descrito) 25
Traballos tutelados (Xa descrito) 50
 
Observacións avaliación
• A asistencia ás clases presenciais (tanto de teoría como de prácticas) é obrigatoria e imprescindible para poder ser avaliado.

• Farase un exame (de aproximadamente unha hora de duración) co obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas ou leccións maxistrais.

• No caso das clases prácticas, a cualificación estará baseada na avaliación continuada por parte do Profesor do traballo realizado polo alumno e do seu progreso ao longo do curso.

• Tamén se avaliará a presentación (por escrito e oral) dun traballo sobre tema concreto, previamente establecido, clave e de actualidade, do ámbito da Ciencia de Materiais.