Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente iniciarase cun total de dez sesións de clases expositivas dunha hora de duración.
Prácticas de laboratorio Durante as sesións maxistrais intercalaranse un total de tres sesións (de catro horas de duración) de clases prácticas presenciais de aula e laboratorio.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar un traballo dirixido que suporá o estudo e resolución dun caso práctico que lle será asignado polo profesor. A docencia completarase con titorías personalizadas nas que se resolverán dúbidas que o alumno poida prantexar, e se realizará o traballo de titorización do traballo de prácticas dirixido.
Prácticas a través de TIC Para o deselvolvemento de prácticas nas que é imprescincible a utilización de software específico (dúas sesions de catro horas) o traballo levarase a cabo con soporte informático de xeito colaborativo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba escrita, co propósito de avaliar o grao de asimilación dos contidos da materia e das competencias acadadas polo alumno.