Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Para a elaboración do traballo tutelado dirixido, así como das prácticas de laboratorio e a través de TIC, o alumno participará dunha titoría personalizada que lle permitirá resolver posibles dúbidas dun xeito interactivo e que servirá para avaliar a evolución da aprendizaxe autónoma do alumno. Estas titorías de orientación están configuradas coma entrevistas individuais, de tal xeito que permiten facer un seguemento do traballo do alumnado con fin orientar na definición clara dos obxectivos, evitar a dispersión de contidos e garantir que se acaden as competencias descritas na materia.
Asemade, nas sesións maxistrais establecerase unha dinámica de participación activa profesor-alumno de tal xeito que o alumno participe la resolución de exercicios prácticos que lle servirán de base para a elaboración do traballo tutelado así como para a preparación da proba escrita.