Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Avaliarase a aprendizaxe e manexo de software específico en casos prácticos. 20
Traballos tutelados Valorarase a realización, elaboración do correspondente informe escrito e exposición dun traballo dirixido. 25
Prácticas de laboratorio O profesor avaliará o traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. 20
Sesión maxistral Avaliarase a participación activa do alumno durante a sesións maxistrais entendidas como exposicións orais participativas. 5
Proba obxectiva A avaliación das clases expositivas realizarase mediante unha proba escrita de duración igual ou inferior ás dúas horas. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación do traballo práctico presencial do alumno realizarase de maneira continuada ao longo do curso. A avaliación do traballo práctico dirixido realizarase a partir de:


1) As titorías personalizadas realizadas a cada alumno.


2) O informe que entregará o alumno sobre o traballo realizado e


3) A exposición oral do traballo tutelado


A avaliación das clases expositivas realizarase mediante unha proba escrita de duración igual ou inferior ás dúas horas. A asistencia ás clases expositivas e clases prácticas presenciais é condición necesaria para a superación do curso. O absentismo do alumno sen causa xustificada a máis dun 10% dos créditos presenciais implicará unha cualificación de suspenso. Para a superación da materia e preciso acadar un mínimo de 5 puntos na nota final (sendo condición necesaria a de acadar un mínimo de 4 puntos na proba obxectiva).