Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregaranse artigos científicos para a presentación, concreción e/ou profundización nalgúns contidos da materia.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos chave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas e resumo que considere oportuno.
Actividades iniciais Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos, e métodos de seguimento dos mesmos e caracterización de residuos, seguida da obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Esquemas Solicitarase do alumno ou alumna a elaboración de esquemas ou outras modalidades de representación gráfica e simplificada da información tratada nas sesións maxistrais e nas fontes documentais.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados na materia.