Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Seguimento personalizado da realización/participación do/a alumno/a nas mesmas. 5
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nas mesmas 10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 40
Esquemas Seguimento personalizado da súa realización e calidade 5
Proba obxectiva Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas 40
 
Observacións avaliación
As memorias de laboratorio deberán ser entregadas no prazo máximo de 2 semanas, e os esquemas no prazo de dous días segundo indicación do/a profesor/a.

A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.