Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregarase un artigo científico para a presentación dunha situación complexa relacionada coa materia e como síntese de contidos de carácter práctico.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de meidos audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.
Actividades iniciais Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a dúas instalacioóns de tratamento de residuos, na que os alumnos deberán recoller información directa, completala con ifnormación adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nos seminarios e sesións maxistrais.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.