Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A cualificación das prácticas representa un 20% da cualificación global. Á hora de puntuar, valorarase tanto a memoria entregada coma a actitude e o traballo desenvolto no laboratorio. Para poder superar a materia na primeira oportunidade é preciso obter unha cualificación mínima de 4. 20
Traballos tutelados A cualificación dos traballos tutelados representa un 20% da cualificación global. A nota será o promedio entre o traballo previo e os exercicios realizados na sesión de titoría. 20
Proba obxectiva A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teoríco-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5. 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación media superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades.


Non poderán superar a materia na primeira oportunidade aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva e/ou nas prácticas de laboratorio. 


Aos alumnos que teñan unha cualificación superior a 4 nas prácticas realizadas no curso 11-12 se lles gardará (puidendo realizar de novo as prácticas aqueles que o desexen), os demáis terán que repetilas obrigatoriamente. 


Os alumnos que teñan menos dun 4 nas prácticas, na oportunidade de xullo terán que realizar, ademáis da proba obxectiva, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio.


Os traballos tutelados non se poderán recuperar, polo que na segunda oportunidade de xullo manteráse a cualificación obtida durante o curso para facer a media global. Para os que non realicen estes traballos a cualificación será de 0 nese apartado.


Outorgarase a cualificación de “non presentado” aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.