Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta breve Cuestionario para evaluar a parte de PROBABILIDADE 40
Proba obxectiva Cuestionario para evaluar a parte de ESTADÍSTICA DESCRIPTIVA e INFERENCIA ESTATISTICA 60
 
Observacións avaliación

Durante o curso realizaranse dúas probas, unha para avaliar os coñecementos da parte de PROBABILIDADE (que representa o 40% da nota final), e outra para avaliar a parte de ESTATÍSTICA DESCRIPTIVA e INFERENCIA ESTATÍSTICA (que suporá o 60% da nota final).
As probas son eliminatorias, de modo que o alumno que supere todas as probas terá aprobada a asignatura, sen necesidade de presentarse ó exame final de maio/xullo. Para aprobar a asignatura será necesario superar cada unha das dúas probas.

Os dous bloques (Probabilidade e  Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística) son independentes, de forma que o feito de superar un dos bloques non afecta á nota do outro bloque.

Quen non teña aprobada algunha das probas (ou non se teña presentado) será avaliado nos exames oficiais das convocatorias de maio e/ou xullo.

Nestas convocatorias as porcentaxes outorgadas a cada parte serán as que figuran arriba.

Para obter a calificación de NON PRESENTADO en maio, os alumnos non se poderán ter presentado a ningunha das probas parciais eliminatorias. Para obter a calificación de NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se poderán ter presentado ó examen final desa convocatoria.

Adicionalmente se valorará a asistencia e participación nos seminarios, tutorías, clases prácticas, etc. podendo aumentar ata un punto o valor da calificación final.

En sucesivos cursos académicos será necesario repetir todalas actividades e probas programadas, ainda que fosen superadas en cursos anteriores.