Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados A.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición ou redacción. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia. 20
Prácticas de laboratorio B.- Valorarase mediante unha proba escrita o coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos. PARA APROBAR A MATERIA SERA OBRIGATORIO APROBAR AS PRÁCTICAS DE LABORATORIO. 10
Proba mixta C.- A proba mixta dividirase en DÚAS PARTES INDEPENDENTES (Temas 1-7 e Temas 8-14) representando CADA UNHA un 35% sobre a nota final. PARA APROBAR a devandita proba mixta será necesario superar CADA UNHA DAS DOUS PARTES NAS QUE ESTA SE DIVIDE. Valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas. 70
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario alcanzar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C (neste último caso será necesario superar CADA UNHA DAS DOUS PARTES NAS QUE ESTA PROBA SE DIVIDE).

As cualificacións dos apartados A e C gardaranse para a segunda oportunidade de xullo, sempre e cando sexan iguais ou superiores ao 50%.

A cualificación do apartado B igual ou superior ao 50% obtida nun curso académico gardarase para as convocatorias dos dous cursos académicos seguintes. Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.

Na segunda oportunidade de avaliación, poderanse repetir aqueles traballos tutelados que o estudante considere e/ou examinarse da parte que suspendese na primeira oportunidade de avaliación.