Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética de poboacións e evolución | Código | 610G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Profesor.- Presenta a guía docente da materia, aclara dúbidas, organiza os alumnos para as actividades. Alumno.- Toma notas, formula dúbidas e cuestións. |
Sesión maxistral | Profesor.- Explica os fundamentos teóricos Alumno.- Observa, asimila e toma notas. Formula dúbidas e cuestións. Memoriza. Le os textos recomendados. |
Solución de problemas | Profesor.- Formula problemas e orienta para a súa resolución. Alumno.- Traballa individualmente ou en grupo, busca información e resolve as cuestións formuladas |
Aprendizaxe colaborativa | Profesor. - Asigna traballos. Instrúe sobre ferramentas. Orienta e resolve dúbidas. Alumno. - Traballa cos seus compañeiros na realización das tarefas asignadas polo profesor |
Foro virtual | Profesor. - Determina o tema monográfico dos foros e designa os seus coordinadores Alumno. - Participa, xa sexa como coordinador ou como simple subscritor, nos distintos foros |
Presentación oral | Profesor. - Prepara os medios audiovisuais e modera as presentacións. Alumno relator. - Elabora un guión sobre un tema monográfico e expono oralmente, en lingua inglesa. Alumno espectador. - Atende ás presentacións, toma notas, avalía os seus compañeiros con axuda dunha rúbrica. |
Prácticas a través de TIC | Profesor. - Presenta os obxectivos, prepara o material e o equipo, expón os métodos, proporciona un guión, asiches os alumnos. Alumno. - Experimenta, analiza e elabora unha memoria |
Análise de fontes documentais | Profesor. - Indica fontes documentais Alumno. - Consulta e selecciona información |
Proba obxectiva | Profesor. - Formula preguntas e valora as respostas dos alumnos Alumno. - Consulta os seus materiais de apoio e responde ás preguntas |
Portafolios do alumno | Profesor. - Explica a metodoloxía e incorpora evidencias ao portafolios Alumno. - Incorpora evidencias ao portafolios |