Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación á Botánica: Botánica xeral | Código | 610G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Seminario | Avaliarase o traballo realizado polo alumno nas sesións interactivas así como a súa actitude e participación nas mesmos. | 10 |
Prácticas de laboratorio | Avaliarase o cuestionario que o alumno deberá completar nas prácticas. | 20 |
Sesión maxistral | Avaliarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. | 60 |
Estudo de casos | Avaliarase a calidade e presentación do material de herbario das 12 especies entregadas. | 10 |
Observacións avaliación | ||
Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación da menos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita. Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ao utilizado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. |