Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Debates en forma de discusión/exames desenvoltos conxuntamente por cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos) e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exame curto de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
No caso de que houbera presentación/exposición de grupos de traballo, contemplados como tales na avaliación de "Traballos tutelados", a presentación tamén formaría parte da avaliación dentro dos seminarios.
10
Traballos tutelados Destácase o SEU CARÁCTER OBRIGATORIO. Consistirá na elaboración dun texto e presentación gráfica por cada grupo de traballo, que serán oportunamente entregados ao profesor.
No suposto de que foran expostos nunha sesión de "Seminario", esta sería avaliada no contexto dos mesmos.
10
Prácticas de laboratorio OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente. 2
Portafolios do alumno Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%.
18
Proba obxectiva Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 60% na nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá así en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e
presentado o caderno de prácticas ("portafolios do alumno"), e/ou
participaran nos debates desenvoltos nos "seminarios" e/ou
desenvolveran "traballos tutelados".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose
presentado á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación
mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado
previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de
laboratorio" e/ou participaran nos "seminarios" e/ou desenvolveran
"traballos tutelados".

-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación
non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio"
e/ou non tiveran presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como
parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de 5.0. De non ter realizado previamente un "traballo
tutelado" en grupo, terán que debater previamente co profesor a necesidade
de realizar un traballo de carácter individual, ou ben facer fronte así mesmo
na avaliación a unha pregunta do temario con carácter de tema extenso.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as
“prácticas de laboratorio” e/ou tiveran presentado ou non o caderno de prácticas
("portafolios do alumno"), participaran ou non nos debates desenvoltos
nos “seminarios” e/ou realizaran ou non previamente un "traballo tutelado".

Serán cualificados con SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado á
"proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente
calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"
e/ou participaran nos "seminarios" e/ou "traballos
tutelados".