Materias que se recomenda ter cursado previamente
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011
Bioquímica: Bioquímica II/610G02012
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II/610G02036

Observacións

-As sesións maxistrais, aínda que poidan non ser consideradas con carácter obrigatorio por parte do profesor, son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia e, puntualmente, pasarase unha folla para ser asinada polos alumnos presentes na sesión.
-Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia.
-Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).
-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.