Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais (24) duns 50' de duración, sobre aspectos teóricos do programa. O material gráfico utilizado (presentacións en PowerPoint ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento das mesmas en 3 sesións, que requiren do manexo de organismos mariños, de augas doces e terrestres, entroncando os datos obtidos con aspectos biolóxicos e do medio natural correspondente.
AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos no seu desenvolvemento e CONCLUSIÓNS das mesmas (nunha folla por posto de traballo, común para os alumnos do mesmo).
Seminario A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben complementarios que poidan ser de interese en relación coa materia.
No contexto destes seminarios levaranse a cabo debates conxuntamente, que poderán traducirse en discusión e exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa sesión.