Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Pequeno resumo da guía docente.
Sesión maxistral As sesións maxistrais (22) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos en grupo de carácter obrigatorio baixo a supervisión da profesora, que serán expostos ao longo do curso durante as sesións maxistrais.
Seminario Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa e/ou por medio de pequenos exames. Os alumnos ausentes terán unha calificación de 0 puntos.
Prácticas a través de TIC Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Si o tamaño do grupo o permite prevese a realización de prácticas en centros externos á UDC (ex. no Aquarium Finisterrae).
Proba de resposta breve Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de 10 presuntas de resposta breve
Proba de resposta múltiple A mediados de curso haberá unha proba tipo test sobre a materia que se imparta en inglés.