Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC OBRIGATORIAS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. 10
Traballos tutelados OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición. 5
Proba de resposta breve No exame final, que constará de 10 preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba. 60
Proba de resposta múltiple Tipo test. Os erros non suporán unha penalización. 15
Seminario NON OBRIGATORIOS. Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa e a calidade das aportacións de cada alumno, así como a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS. 10
 
Observacións avaliación

A meirande parte da teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10) para poder superar a materia.


A avaliación da materia impartida en inglés, dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades, a capacidade de traballo en grupo e outras habilidades adquiridas.


Aqueles alumnos que non participen ten todas as actividades non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado manterase nas dúas oportunidades de avaliación.


Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.


Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).